Cartas no exilio

Cartas no exilio

Editorial:
Baia
EAN:
9788496893856
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-96893-85-6
Páginas:
168
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
RETALLOS NOSA HISTORIA

Moitas son as persoas que fixeron posible esta edición. A primeira, por suposto, María Casares, por conservar estas cartas, e con elas, parte da nosa memoria; Véronique Charrier, directora da Maison du Comédien Maria Casarès e legataria desta correspondencia, por preservala e transmitila, decidindo a súa conservación e facilitando a  súa consulta; María Esther Varela Casares, que nos deu unha autorización eticamente importante para Véronique Charrier e para min mesma; María Teresa Dolley, xefa do servizo de biblioteca do IMEC, a súa profesionalidade e a súa calidade humana favoreceron e facilitaron  a realización desta investigación. E por suposto a Concellería de Cultura e Museos Científicos do Concello da Coruña na persoa da súa responsable, María Xosé Bravo San José, e Baía Edicións, por aceptar e  levar a bo porto este proxecto. A edición dunha correspondencia contén moi diversos e variados traballos de investigación, que se adaptan mellor ao traballo en equipo que ao individual. Desde os inicios deste proxecto, na primavera de 2003, varias persoas implicáronse nel, desde a paixón investigadora e a xenerosidade do saber; considéroos coautores do mellor que este libro poida conter, asumindo por suposto, como exclusivamente meus, todos os erros, carencias e imperfección do resultado final. Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e Santiago Lopo achegaron a ilusión imprescindible e colaboraron comigo en diferentes momentos do proceso, tanto a nivel do  seu deseño teórico como da súa realización práctica: na localización dos documentos, na consulta dos inventarios, na elaboración de listados, na transcrición dos orixinais, nas traducións desta obra chea das linguas todas do exilio. Tamén quero citar aquí a Ana María García Collazo, a Tania Lamas e a Dionisio Pereira, que coa mesma ilusión achegaron datos do saber das súas áreas. Mais o maior dos agradecementos vai, por suposto, para esas voces do exilio que o vento da vida e da historia espallou polo mundo. Por todo  o que delas se aprende ao escoitar, ao ler con emoción e admiración os seus vívidos testemuños de loita e de derrota, de dignidade, de confianza no futuro e na humanidade; unhas voces das que apenas conservamos ás veces máis ca unhas iniciais ilexibles, ou un anónimo enderezo nunha provincia francesa que xa non existe na administración territorial. As nosas voces. Abrir unha tras outra as caixas da nosa memoria na nave central dunha renovada abadía normanda, e comprobar que nela segue zoando o vento, mostra que o máis improbable azar é sempre necesario e que todos os lugares fan o noso lugar, o lugar do noso exilio.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

  • ARGYLLE
    Titulo del libro
    ARGYLLE
    Nº 00000
    CONWAY, ELLY
    Debolsillo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • El Coronel
    Titulo del libro
    El Coronel
    Nº 257
    Dowlatabadi, Mahmud
    Siruela
    «Una novela sobre el radicalismo que combina lo moderno con lo tradicional de la narrativa persa. Surrealista ...
    No disponible
  • Las estaciones de Idil
    Titulo del libro
    Las estaciones de Idil
    Fernández-Aldea, Laura
    Chiado editoral
    ?Durante un viaje que parece aparentemente normal y tranquilo, los recuerdos de los últimos años se entrecruz...
    No disponible
  • Lejos del corazón
    Titulo del libro
    Lejos del corazón
    Nº FB
    Silva, Lorenzo
    Booket
    El noveno caso de Bevilacqua y Chamorro los lleva hasta el Estrecho. Un crimen que tiene como telón de fondo e...
    No disponible

    6,95 €

  • Sasha y el pequeño lobo
    Titulo del libro
    Sasha y el pequeño lobo
    Nº 116
    Jungman, Ann
    La galera
    Los hombres y los lobos nunca han sido amigos. O así era hasta que Sasha y Ferdy, un pequeño lobato, se conoc...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    11,50 €

Baia en Libreria Wodan

  • As mulleres na Filosofía
    Titulo del libro
    As mulleres na Filosofía
    Fernández Buján, Inés
    Baia
    A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como o...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €

  • NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA
    Titulo del libro
    NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA
    Nogueira Blanco, Pablo
    Baia
    Nube Branca devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas do sistema solar. Tras o fracas...
    No disponible
  • Nube Branca e o pingüín Valentín
    Titulo del libro
    Nube Branca e o pingüín Valentín
    Nogueira Campo, Pablo
    Baia
    Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulaci...
    No disponible
  • AVES
    Titulo del libro
    AVES
    Davies, Nicola
    Baia
    Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.    Fotogr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,65 €

  • Nera, a ferreira
    Titulo del libro
    Nera, a ferreira
    Barrio Santamaría, Imelda
    Baia
    Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á pers...
    No disponible