Brasil no centro

Brasil no centro

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653687
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-368-7
Páginas:
328
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Se en 'Diario de comidas', o seu anterior libro en prosa, o relato xa se desenvolvía en forma de dietario, desta volta a narración da experiencia expándese para, en estampas maxistrais, achegar aos lectores o pulso dun país senlleiro.
A partir do ano 2006, en que Rodríguez Baixeras visita por primeira vez o Brasil, decide convertelo  nun centro de residencia primaveral e estival e, por tanto, nun dos principais polos de atracción -o outro é Galiza- cara ao que, desde entón, tendería a súa experiencia vital. A partir dese momento inaugural, inicia un modo de vida que lle permite un desdobramento: ser "outro" durante a metade do ano, non por mudanza de xorne ou de pensamento, senón por habitar outro clima, cambiar de ambiente, vestir  outra roupa ou gustar comida diferente.
Amais dese dietario brasileiro, o poeta escribe unhas estampas en torno á cidade que o acolle, Salvador de Bahía. "A acusada presenza daquela terra ultramarina, tanto en forma de semblanzas como de diario, constitúe o verdadeiro centro deste libro, especialmente as primeiras polo que teñen de estabilidade, de prospección no tempo e -en certo modo- de novidade, de asombro inaugural", escribe Rodríguez Baixeras na nota aclaratoria inicial. Para o autor de 'O pan da tarde', ser o centro non significa, nin moito menos, erixirse en obxecto de visión exhaustiva, pormenorizada, mais si de contemplación dirixida a unha sociedade de alto poder de seducción e, sobre todo, sempre irradiadora  dun estraño feitizo.un libro de viaxes que conxuga o ton íntimo e reflexivo do diario co relato do encontro cunha terra nova, afastada e  inmensa, territorio ignoto que, como a vida, cambia conforme o tempo lle vai dando forma.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

  • DICIONARIO DA COMIDA GALEGA
    Titulo del libro
    DICIONARIO DA COMIDA GALEGA
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Aira editorial
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    49,90 €

  • Bos tempos para a lírica
    Titulo del libro
    Bos tempos para a lírica
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Espiral maior, s.l.
    "Bos tempos para a lírica. A xeración de 1980" é un estudo exhaustivo,  e ao mesmo tempo moi persoal, da esc...
    No disponible
  • O pan da tarde
    Titulo del libro
    O pan da tarde
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Galaxia
    O poeta, cando escribe, é coma se percorrese un camiño esquecido, coma  se recuperase un espazo no que de rep...
    No disponible
  • Luz extinta
    Titulo del libro
    Luz extinta
    Nº 262
    Rodríguez Baixeras, Xavier
    Espiral maior, s.l.
    "Luz extinta" é o título do libro que lle valeu ao escritor Xavier Rodríguez Baixeras a XXX edición do Prem...
    No disponible
  • O BOSQUE SEM SAÍDA
    Titulo del libro
    O BOSQUE SEM SAÍDA
    Nº 10
    XAVIER RODRIGUEZ BAIXERAS
    Laiovento, s.l.
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €

Materia en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan

  • O libro do fútbol
    Titulo del libro
    O libro do fútbol
    Nº 478
    Varios
    Galaxia
    Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    17,15 €

  • Había que chegar con CD e DVD
    Titulo del libro
    Había que chegar con CD e DVD
    Batallán González, Luís Emilio
    Galaxia
    O CD ven acompañado dun DVD que recolle un concerto en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela d...
    No disponible
  • Animais
    Titulo del libro
    Animais
    Castelao
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,50 €

  • O baúl de Wensel
    Titulo del libro
    O baúl de Wensel
    Alfaya, An
    Galaxia
    Un día Max pérdese na vila na que veranea cos seus pais. Vén dar cunha  estraña tenda de antigüidades cun ...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    8,70 €

  • Un pozo moi fondo
    Titulo del libro
    Un pozo moi fondo
    Iglesias Diz, José Luis
    Galaxia
    Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios dentes, para saber ...
    No disponible