As escumas da letra

As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta

Editorial:
Baia
EAN:
9788499954431
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9995-443-1
Páginas:
164
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Baía Ensaio

A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria. Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña. En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.

Otros libros del autor en Libreria Wodan

Materia en Libreria Wodan

Baia en Libreria Wodan

  • AUGA E LUME
    Titulo del libro
    AUGA E LUME
    Tobaruela, Pere
    Baia
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018  Deva, a moza d...
    No disponible
  • Nais
    Titulo del libro
    Nais
    Nº 51
    Valcárcel Mato, Charo
    Baia
    Nais é unha historia de mulleres, de nais que teñen que afrontar unha vida marcada polas perdas, pola dor, po...
    No disponible
  • As marcas dos animais
    Titulo del libro
    As marcas dos animais
    AA.VV
    Baia
    Mergúllate no extraordinario mundo dos animais e descobre 50 magníficas marcas. Sabías que o elefante é o a...
    No disponible
  • A illa do tesouro
    Antiguo
    Titulo del libro
    A illa do tesouro
    Stevenson, Robert Louis
    Baia
    Un día de moito vento, alguén peta na porta do "Almirante Benbow" a pousada dos pais de Jim Hawkins. E Billy ...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,50 €

  • O ARRECIFE DE CORAL
    Titulo del libro
    O ARRECIFE DE CORAL
    RADKA PIRO / MARTIN SOJDR
    Baia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,35 €