Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra

Antón Avilés de Taramancos. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029473
Año de edición:
Materia
BIOGRAFIAS
ISBN:
978-84-8302-947-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,55 €

IVA incluido

"Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" fai un completísimo percorrido pola vida e a obra de Avilés de Taramancos da man de dúas das persoas que máis o trataron: Lola Arxóns e Xavier Castro, ámbolos dous profesores de literatura na vila de Noia e especialistas na súa obra. O libro consta ademais de numerosas fotografías e información gráfica cedida pola familia de Avilés. Ademais dos apartados de Vida e  Obra, os autores elaboraron tamén unha e unha importante bibliografía  de e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2003. Este é un libro escrito coa paixón, a entrega e o coñecemento de quen tratou e conviviu con Avilés, gozando da súa amizade e mesmo do privilexio de ter lido os seus libros mesmo antes de que fosen publicados."Antón Avilés de Taramancos. Vida e Obra" non só é un excelente libro de iniciación para aqueles que queiran achegarse por primeira vez á figura do escritor noiés senón tamén unha achega ensaística de primeira man que bota luz sobre moitos aspectos escasamente tratados da vida e da obra de Avilés.Xosé Antón Avilés Vinagre naceu na aldea noiesa de Taramancos, da que tirou o seu nome literario, Antón Avilés de Taramancos, o 6 de abril de 1935 e morreu na Coruña en 1992. En 1960 exiliouse en Colombia, país no que residiu durante vinte anos. De  regreso a Galicia, incorporouse á vida social, política e cultural do  país, sendo presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e  concelleiro de Cultura de Noia pola BNG. Como poeta é autor de "As moradías do vento" (1955), "A frauta e o garamelo" (1958), "O tempo no  espello" (1982), "Cantos caucanos" (1985, Xerais 2003), e "As torres no ar" (1989). En 1992 publicouse, de forma póstuma, "Ultima fuxida a Harar". Como narrador publicou "Nova Crónica das Indias" (1989, Xerais  2003). As súas colaboracións en prensa están recollidas en "Obra viva"(1992). Como dramaturgo escribiu na primavera de 1983 a peza "Tres capitáns de tempos idos", publicada por Xerais dentro da súa colección Merlín.

Materia en Libreria Wodan

  • Memorias de España
    Antiguo
    Titulo del libro
    Memorias de España
    Giacomo Casanova
    Espasa
    Relato muy pormenorizado de la estancia de este aventurero y hombre de  letras italiano en España entre los a...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    24,90 €

  • Gosar no mentir.
    Titulo del libro
    Gosar no mentir.
    Francesc Farreras
    Edicions 62
    No disponible
  • Sir Tomás Moro
    Titulo del libro
    Sir Tomás Moro
    Vázquez De Prada, Andrés
    Rialp
    Uno de los más profundos conocedores de Tomás Moro es el autor de esta  atractiva y completa biografía del i...
    No disponible

    28,00 €

  • Pep Guardiola
    Titulo del libro
    Pep Guardiola
    Jaume Collell
    Labutxaca
    Les parets i les portalades de la placeta de Santpedor on va néixer Pep Guardiola conserven els tocs insistent...
    No disponible

    8,95 €

  • LEONARDO DA VINCI
    Titulo del libro
    LEONARDO DA VINCI
    Kent, J.
    Vv kids. vicens vives kids
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    9,95 €

Xerais en Libreria Wodan