A rata

A rata

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078878
ISBN:
978-84-7507-887-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

17,00 €

IVA incluido

A rata é unha novela dura e fascinante na que unha rata nos conta a súa vida cun estilo seco e conciso, sen adornos, intenso e agresivo como a historia mesma. Asistimos ó seu nacemento, ó seu proceso de aprendizaxe, ós primeiros contactos co seu maior inimigo, o home, ás súas loitas pola supervivencia, á súa destreza na arte de matar: a supervivencia é unha loita continua na que ou matas ou morres. E a súa  vida convértese así nun continuo fuxir da morte a través da morte. Percorremos con ela rúas e sumidoiros, de cidade en cidade, sempre pendentes dos múltiples perigos que asexan en cada esquina: cans, gatos, curuxas, trampas e velenos, outras ratas e, sobre todo, o home,  o perigo maior. Pero a medida que a rata vai coñecendo mellor ó home,  vaise dando de conta de que é máis débil do que parece, de que non é tan distinto dela como supoñía: os homes tamén poden ser sucios e crueis como unha rata, tamén matan para comer, mesmo poden chegar a matarse entre eles. E nós, lectores, ímonos dando conta tamén do duro paralelismo que se pode establecer entre o mundo das ratas, tan repugnante e distante, e o noso. Porque a novela non é máis ca unha enorme parábola anunciada xa no prólogo: " Non esquezas, querido lector, que cando describo a vida das ratas dun xeito tan natural e detallado, estou a pensar en ti " .

Xerais en Libreria Wodan

  • Axenda semanario 2011
    Titulo del libro
    Axenda semanario 2011
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    12,05 €

  • Onde nacen as bestas
    Titulo del libro
    Onde nacen as bestas
    Nº 03
    Feijoo, Pedro
    Xerais
    Entre o lume do val e as néboas da serra, algo se revolve nas entrañas  da Galicia máis feroz e descarnada. ...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 29-09-2025

    23,50 €

  • E ti que farías por min?
    Titulo del libro
    E ti que farías por min?
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida; hoxe só queda por buscar no vertedoir...
    No disponible

    11,00 €

  • Baldras, o xigante
    Titulo del libro
    Baldras, o xigante
    Eiras Moreiras, Iolanda
    Xerais
    Xulián escoita dicir aos seus amigos na praza de Vilapedra, que un xigante está a achegarse á vila; uns din ...
    No disponible

    13,10 €

  • Incidencia muller pedra
    Titulo del libro
    Incidencia muller pedra
    Pérez, AveLina
    Xerais
    Ela e mais el. Ela é obrigada a recibir terapia, acusada de escándalo público. El, terapeuta, executa a...
    ¡Próximo lanzamiento! Disponible a partir de 30-10-2025