SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
 IBD

SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872863
Any d'edició:
Matèria
POESIA
ISBN:
978-84-8487-286-3
Pàgines:
94
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
CADERNOS DE ENSAIO

10,00 €

IVA inclòs
Comprar

Manuel María

Despois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal da
intelectualidade galega é, sen dúbida ningunha, Manuel María. Este
prolífico escritor e altísimo poeta ocupa un lugar excepcional dentro
das letras galegas, por razóns literarias e extra-literarias. Manuel María
é o primeiro poeta mozo que se revela na posguerra, o autor máis
fecundo da literatura galega das últimas décadas, unha das personalidades
máis destacadas da cultura  galega actual e o escritor que máis
se afirmou no compromiso político co país e que mellor entronca o
nacionalismo galego de hoxe co galeguismo histórico.
Formado culturalmente nun mundo rural  que xa desapareceu e
nas tertulias dos cafés onde poñían cátedra de amor a Galiza os vellos
galeguistas, este autor iniciou a súa obra literaria aos dezanove
anos, cando o idioma galego estaba proscrito, nunha época en que
só o feito de escribir en lingua galega era xa un acto subversivo.
Así, baixo o enorme lousón da ditadura franquista, foron nacendo
os seus libros de poesía, narración e teatro, os recitais poéticos por
todo o país e fóra de Galiza, os seus ensaios e as súas múltiples
conferencias e colaboracións xornalísticas, converténdose moi axiña
na voz máis representativa da Xeración dos 50 e nun dos poetas galegos
máis importantes deste século. Tamén, pouco a pouco, o escritor
vai asumindo un maior compromiso político coa súa nación,
sendo un dos mozos que rompe co piñeirismo e que participa activamente
desde os anos sesenta na reorganización do nacionalismo,
chegando incluso a ser concelleiro e candidato ao Senado.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Laiovento (ibd) a Libreria Wodan

  • O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO.- CLAUDE GUEUX.
     IBD
    Titulo del libro
    O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO.- CLAUDE GUEUX.
    VICTOR HUGO
    Laiovento (ibd)
    Nestes dous relatos - O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO e CLAUDE GUEUX- igual que  en toda a súa obra, Vict...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,80 €

  • XAN DO ARRANALDO
     IBD
    Titulo del libro
    XAN DO ARRANALDO
    Rafael Fontoira Surís
    Laiovento (ibd)
    Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • Loaira
     IBD
    Titulo del libro
    Loaira
    Anxo A. Rei Ballesteros
    Laiovento (ibd)
    Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente polí...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Melpómene entre nós
     IBD
    Titulo del libro
    Melpómene entre nós
    Iria Pedreira Sanjurjo
    Laiovento (ibd)
    O legado cultural da Antigüidade Grecolatina espalla a súa enorme influencia por todo o mundo occidental ata ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • Alguén virá...
     IBD
    Titulo del libro
    Alguén virá...
    Pablo García Martínez
    Laiovento (ibd)
    Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX,...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €