NACIONALISMO E IMPERIALISMO
 IBD

NACIONALISMO E IMPERIALISMO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873846
Matèria
POL?TICA
ISBN:
978-84-8487-384-6
Pàgines:
118
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
ENSAIO

11,90 €

IVA inclòs
Comprar

Nacionalismo e Imperialismo
(e outros escritos ).
"Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dos
seus própríos  recursos e poderes internos, e que non sofre restrición
algunha na  súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantes
circunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. É
iste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste o
caso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non; máis
enfáticamente. íNON!".
O texto  que antecede forma parte dun artigo publicado por James
Connolly no Worker\\'s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abril
dese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámase
a República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Na
loita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso.
Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhas
angarellas ante o pelotón de fusilamento.  Era o día 12 de maio. Nas
xornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente do
nacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran
1.351 compatriotas seus.
James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados,
Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran na
trapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista "radical", tiña
daquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano:
unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto.
Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante,
en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañouno
a pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualifica
de arrogante -ou mesmo provocadora-- ou de antiga farsa, a actitude
duns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e o
voto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logo
Xosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Laiovento (ibd) a Libreria Wodan

  • Novoneyra/ Celso Emilio
     IBD
    Titulo del libro
    Novoneyra/ Celso Emilio
    Nº 256
    Castelao Mexuro, Manuel
    Laiovento (ibd)
    Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de  pedra, de Celso Emilio Ferreiro caract...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    8,00 €

  • Alborada de Edipo
     IBD
    Titulo del libro
    Alborada de Edipo
    Xesús Pisón Villapol
    Laiovento (ibd)
    Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por  fado ou magnetismo, ao misterio de Edip...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Espertemos !
     IBD
    Titulo del libro
    Espertemos !
    Edgar Morin
    Laiovento (ibd)
    "Non sabemos o que nos está a pasar e iso é precisamente o que nos está a pasar onde", escribe José Ortega ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    9,95 €

  • Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
     IBD
    Titulo del libro
    Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
    María do Pilar García Negro
    Laiovento (ibd)
    RECTIFICAR A HISTORIAEscritos sobre Ricardo Carvalho CaleroPerguntémonos por que cómpre continuarmos a celebr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • A historia secuestrada polo franquismo
     IBD
    Titulo del libro
    A historia secuestrada polo franquismo
    Monge González, Manuel
    Laiovento (ibd)
    Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo,  mais tamén un libro para a acción, p...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,99 €