Escáner
Antic

Escáner

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028919
ISBN:
978-84-8302-891-9
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)
Col·lecció:
PETO

7,90 €

IVA inclòs
Comprar

Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, ("FotoShock", "Carta a Berta", "Hendra" e "Viaxe de Volta"), están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de "FotoShock", un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de "Hendra", unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica  ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de "Viaxe de volta",  esa case segunda oportunidade que só se lles concede aos felices como  Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da "Carta Berta".O quinto relato, "Lume da memoria", é a contribución do autor a unha certa, e fecunda, literaria  da memoria, da historia das xentes humildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e as súas consecuencias."Camiño longo", é un drama interior, opresivo, onírico, fantástico, perfectamente acorde coas obras mestras do xénero."As formas gastadas dos soños" é ese pesadelo repetitivo, mecánico, no que afloran odio, autoodio, xenofobia e a procura da identidade. Un relato no que Caride amosa canto partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantas capas ten esa cebola que chamamos realidade. O realismo suxo e deprimente roxe en pezas como "Nocturno", e "L.H", o relato que nos ofrece a ollada do asasino lunático. "Interiores" é unha pequena peza do fantástico, onde se reflexiona sobre as conexións entre realidade e ficción, entre a persoa e o escritor, entre o creador e o personaxe.No  último relato, "O camiño", un exemplo da literatura do marabilloso, que ben podería ser tomada por ciencia ficción sen selo.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

  • SINGAMIA 1.1
    Titulo del libro
    SINGAMIA 1.1
    Caride, Ramón
    Xerais
    A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a x...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • As aventuras de Said e Sheila
    Titulo del libro
    As aventuras de Said e Sheila
    Caride, Ramón
    Xerais
    Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, viven nas páxinas deste  volume as súas máis sorprendentes ...
    No disponible

    19,50 €

  • Nada do outro mundo
    Titulo del libro
    Nada do outro mundo
    Caride, Ramón
    Aira editorial
    Ramón Caride válese do seu inseparable Darío Gancedo para poñer en orde a súa traxectoria narrativa no for...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,95 €

  • As superviventes
    Titulo del libro
    As superviventes
    Caride, Ramón
    Xerais
    Tres mulleres coinciden na sala de espera de Urxencias do CHUS de Compostela unha madrugada calquera. Este impr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €

  • Negros espellos
    Titulo del libro
    Negros espellos
    Caride Ogando, Ramón
    Xerais
    No disponible

    7,35 €

Xerais a Libreria Wodan