Son trece as pezas de LlorenÇ Villalonga (1897-1980) que, baixo o t¡tulo de Desbarats, se editaron conxuntamente en 1965 en Ciutat de Palma. Da primeira parte seleccionamos aquelas pezas (A marquesa disponse a ir ao teatro,A visita da Infanta, Econom¡a en 1940 e Estiveron moi perto) que, pensamos, son máis doadamente representábeis sen por iso deixaren de ser ilustrativas do xénero que nace e morre en Villalonga. Da segunda parte, ao estar xa traducida ao galego A Tuta e a Ramoneta, presentamos aquela que mellor parodia o teatro do absurdo: Alta e Benemérita Señora. A pregunta de como definir¡a este tipo de teatro de que a revista Pr¡mer Acto publicaba en 1969 varias pezas -¿Teatro do absurdo ¿Humor negro ¿Esperpento ¿Cr¡tica sutil da sociedade -, o invulgar e voltaireano autor da novela Mort de Dama respondeu: "Def¡noo como un 'desbarato', consoante ao t¡tulo do volume. Non era a miña idea facer metaf¡sica. Ora ben, polo mesmo que non tentei sentar ningunha tese nin xulgar ningunha das miñas personaxes, que son como as fixo Deus, ou o Diabo (punto dif¡cil de aclarar), o lector estará no seu dereito de tirar delas cantas teses Ile parezan".