De provincia a nación

De provincia a nación. Historia do galeguismo político

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826402
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-9782-640-2
Pàgines:
1248
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
183
Alt:
250
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

56,70 €

IVA inclòs

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII  até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións -a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral- e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das  ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Xerais a Libreria Wodan

  • ORATORIA 1º-2ºESO
    Titulo del libro
    ORATORIA 1º-2ºESO
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    33,16 €

  • A neve do tempo
    Titulo del libro
    A neve do tempo
    Pascual, Alberto;Ocaña Martínez, José Antonio
    Xerais
    O escritor e poeta ourensán Alberto Pascual Carballo e José Antonio Ocaña Martínez, recoñecido pintor e es...
    No disponible

    24,00 €

  • UNHA LECTURA/OS OUTROS FEIRANTES. XER
    Titulo del libro
    UNHA LECTURA/OS OUTROS FEIRANTES. XER
    Rábade, Xesús
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • As máscaras de Cronos
    Titulo del libro
    As máscaras de Cronos
    Caride, Ramón
    Xerais
    As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éd...
    No disponible

    23,60 €

  • Lingua, poder e adolescencia
    Titulo del libro
    Lingua, poder e adolescencia
    Rodríguez Carnota, Miguel
    Xerais
    O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    24,95 €