Contos de Hoffmann

Contos de Hoffmann

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025758
Matèria
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANYS
ISBN:
978-84-8302-575-8
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIAS SINGULARES

33,60 €

IVA inclòs

O presente volume recolle catro contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffman, "O Crebanoces e o rei dos ratos", "O neno descoñecido", "O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais", e "O home da area", traducidos para o galego por Xabier Rodríguez Baixeras e ilustrados por Judith Morales e Adrià G.dia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells. Esta dobre antoloxía vai precedida por unha introducción realizada por Luis Mateo Díez, titulada "Castelos no aire", e por un emotivo epílogo, "Catro rostros dun home", escrito por Juan Tébar.Estes catro contos serán acollidos polos lectores dentro do curruncho das súas alegrías e terrores predilectos. Catro relatos que,  para Juan Tèbar, poden lerse como catro rostros do propio Hoffman (escritor, músico e máis pintor, a un mesmo tempo): "O Crebanoces", posiblemente o conto máis famoso dos escritos por Hoffman, é o seu rostro para nenos, tinguido de tremores inesquecibles; o segundo, "O neno descoñecido", é o seu rostro máis infantil aínda, tinguido dunha profunda tristura e un toque de fondo misterio; o terceiro, "O mestre Martín e o toneleiro e os seus oficiais", é o rostro musical de Hoffman, unha fermosa contenda de amor; por último, "O home da area", é o seu rostro máis sinistro, terrible versión do noso popular co, do sacaúntos ou do home do saco. Os contos de Hoffman son divertidos, fabulosos, estarrecedores, conservando hoxe na nosa lingua todo o seu ritmo e fantasía. Contos para nenos grandes ou pequenos, contos para nenos e para os que non o son.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Xerais a Libreria Wodan

  • A xustiza pola man
    Titulo del libro
    A xustiza pola man
    Leira-Castiñeira, Francisco J.
    Xerais
    «A xustiza pola man» achega unha panorámica sobre as formas de conflitividade e violencia cotiá na Galicia ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    26,95 €

  • O atentado
    Titulo del libro
    O atentado
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no cora...
    No disponible

    16,65 €

  • O XIRO
    Titulo del libro
    O XIRO
    Gómez, Noelia
    Xerais
    No disponible
  • Pinga de choiva
    Titulo del libro
    Pinga de choiva
    Gracián, Ánxela
    Xerais
    Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no env...
    No disponible

    12,50 €

  • A BALADA DOS UNICORNIOS
    Titulo del libro
    A BALADA DOS UNICORNIOS
    Costas, Ledicia
    Xerais
    A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizad...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €