A memoria de Lugo

A memoria de Lugo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025932
ISBN:
978-84-8302-593-2
idioma:
GALEGO
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
ALBUM DE POSTAIS

85,30 €

IVA inclòs

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana  da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,"Da cidade de Lugo" , propón un paseo pola cidade dende a Praza  da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, "Mariñas e Terras do Norte", evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, "De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá", ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,"Val de Lemos e Terras do Sur", recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés,  así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

  • A memoria de Vilalba
    Titulo del libro
    A memoria de Vilalba
    Díaz Martínez, Carlos;Novo Cazón, José-Luís
    Xerais
    Continuando co proxecto dos seus "Albums de postais", que recollen a imaxe proxectada nas tarxetas postais, dur...
    No disponible

    9,90 €

  • A memoria do Carballiño
    Titulo del libro
    A memoria do Carballiño
    Díaz Martínez, Carlos;Felipe-Senén
    Xerais
    O presente álbum sobre a memoria gráfica do Carballiño -preparado, como os restantes volumes da serie, por C...
    No disponible

    9,90 €

  • A memoria de Carballo
    Titulo del libro
    A memoria de Carballo
    Díaz Martínez, Carlos / Fraga Rodríguez, Xan
    Xerais
    No disponible

    34,00 €

  • SOLUCIONAR.MAO TIAN PELOS TIESOS.(JUEGOS DE LECTURA)
    Titulo del libro
    SOLUCIONAR.MAO TIAN PELOS TIESOS.(JUEGOS DE LECTURA)
    Quintanal Díaz, José / Trapiello Martínez, Carlos / Valdés González, Luis Horacio.
    Bruño
    No disponible

    6,80 €

  • A memoria de Cambados
    Titulo del libro
    A memoria de Cambados
    Díaz Martínez, Carlos / Fernández Rei, Francisco
    Xerais
    Carlos Diáz Martínez recolleu no presente volume oitenta documentos, a  maior parte deles tarxetas postais pu...
    No disponible

    9,95 €

Xerais a Libreria Wodan