(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Pàgines:
298
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
240
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
1O.BACHARELATO

29,00 €

IVA inclòs

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Galaxia a Libreria Wodan

  • En galego, por que non?
    Titulo del libro
    En galego, por que non?
    Núñez Singala, Manuel
    Galaxia
    En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evide...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,75 €

  • Punver de volta
    Titulo del libro
    Punver de volta
    Castaño, Yolanda
    Galaxia
    Punver é un verme moi punki e tamén moi despistado: mentres non atope o camiño non o dará endereitado. ...
    No disponible
  • O viaxeiro radical
    Titulo del libro
    O viaxeiro radical
    Nº 336
    Quintia, Xerardo
    Galaxia
    Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia du...
    No disponible
  • Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz
    Titulo del libro
    Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz
    Domínguez Dapena, Cristina;Vieites, Manuel F.
    Galaxia
    Cistina Domíngurz Dapena en este manual salienta a expresión oral como  instrumento fundamental na comunicaci...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    11,60 €

  • O LANZADOR DE COITELOS
    Titulo del libro
    O LANZADOR DE COITELOS
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Galaxia
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,60 €