CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
 IBD

CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873020
Any d'edició:
Matèria
ASSAIGS
ISBN:
978-84-8487-302-0
Pàgines:
296
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
ENSAIO

19,90 €

IVA inclòs
Comprar

CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA
A situación do galego como síntoma.

Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia moderna
do galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. A
publicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxo
un fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galego
en conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que a
nosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxías
que se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que  delas se desprendían.
Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e a
cuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora aparece
esta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análises
sobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, a
conciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vai
de século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarse
de como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a década
dos setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando as
conclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas que
se produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía a
súa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha lingua
oprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas de
comportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflito
lingüístico que vive este país, senón para  remontalo a executar unha
prática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña como
obxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social,
através da plenitude de usos e funcións.
No panorama bibliográfico galego -tan necesitado de páxinas esclarecedoras
a respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ
(cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outros
moitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneira
decisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segue
resultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máis
científico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constante
preocupac ión por facer análise científica, ao servizo dunha causa que non
admite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.

Altres llibres de l'autor a Libreria Wodan

Matèria a Libreria Wodan

Laiovento (ibd) a Libreria Wodan

  • AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
     IBD
    Titulo del libro
    AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
    Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
    Laiovento (ibd)
    Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre osmáis relevantes valores da Galiza. Rela...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,20 €

  • 1968
     IBD
    Titulo del libro
    1968
    Vitor Vaqueiro
    Laiovento (ibd)
    A data crucial de 1968 exerce uma força dedobre direção, centrífuga e centrípeta, emexpansão cara a outro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • Terra a nossa
     IBD
    Titulo del libro
    Terra a nossa
    Nº Clara Co
    Antom Santos Pérez
    Laiovento (ibd)
    Discurso e identidade agrária na Galiza moderna (1875-1936)«Te rra a Nossa!» foi umha das consignasmais reco...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    21,95 €

  • O REBUMBIO DOS VAGALUMES
     IBD
    Titulo del libro
    O REBUMBIO DOS VAGALUMES
    ALBERTE SANTOS LEDO
    Laiovento (ibd)
    O rebumbio dos vagalumes ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    20,00 €

  • Fanzines en Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    Fanzines en Galiza
    Ramón Mariño Fernández
    Laiovento (ibd)
    Nun recuncho esquecido da Galiza, entre as sombras dos séculos, agochase un universo de creatividade e rebeld...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    11,95 €