Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e gale

Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e gale

Nº:
151
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788491517825
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9151-782-5
Páxinas:
148
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
VARIOS

27,05 €

IVE incluído
Comprar

A incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo,  Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 û Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación  das liberdades polas que tanto loitara: "Xoguei, perdín, calei e marchei". Marchou, pero non calou.
 Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en  Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura  coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza.
 En Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.

Outros libros do autor en Libreria Wodan

Galaxia en Libreria Wodan